A igrexa é unha construcción de estilo románico do século XII. Está situada nunha vagoada da Ribeira do río Mandeo, sola e afastada das casas da aldea, rodeada de campos e monte. Ao seu redor está o camposanto e no camiño, fora do recinto do ceminterio está o cruceiro e un carballo centenario. Houbo tres, pero foron cortados hai moitos anos.
A igrexa no exterior presenta tellado a dúas augas no que coroan duas cruces ou piñóns. Unha delas, a que está enriba do Agnus Dei no teesteiro da nave, non ten forma de cruz, senón que semella un antiga celosía de orixe visigótico dos séculos IX ou X. A que está enriba do testeiro do abside é unha cruz dentro dun circulo pero está rota.
Os canzorros presentan forma xeométrica, tanto na nave como no ábside, excepto un que representa unha cabeza humana. Dá a sensanción de que puideron ter en orixe presentación dos pecados como se ve noutros templos románicos da comarca e que sufrisen, como suceden en San Martiño de Bravío, pola censura o rebaixe ás formas xeométricas actuais.
Nos muros conservase dous contrafortes da antiga construcción, como saeteiras e dúas portas, unha na fachada principal con tímpano liso semicircular e outra no lado Sur que está tapiada. Sobre a porta da fachada hai unha furna cunha imaxe moderna de Santiago, que se colocou cando se fixo a remodelación interior do templo e o sellado das pedras no exterior. no lado Norte non hai porta, pero nos muros aínda se poden ver os indicios das pedras que servían para o cobertizo que agora non existe.
No interior ten un arco triunfal de medio punto que vai sobre semicolumnas de fuste corte con capiteis de decoracións vexetais e basas medio enterradas no chan da igrexa.
Outras imaxes da nosa igrexa:
Dende a porta do adro |
Restos da nevada |
Parroquia de Santiago de Ois |
Fachada da igrexa |
Volta a igrexa dende o cruciero cos ramos .bendecidos. |
Tocando as campás |
Procesión no día do Santiago |
Procesión do 25 de Xullo Día do Santiago |
No adro da igrexa. Foto do ano 1966 |
Bendición dos Ramos. Domingo de Ramos |
Procesión no día do Patrón. |
Antigua porta tapiada nun lateral da igrexa |
No hay comentarios:
Publicar un comentario