domingo, 18 de diciembre de 2011

A ESCOLIÑA

Levamos moitos anos aquí. Eu moitos máis que ela. Un a beira doutro. Cando estaba so, o tempo pasaba despacio, un verano, un outono, un inverno...e volta a primavera. Un día chegaron uns homes, diron voltas ao meu redor, Mamasiña, qué medo, pensei que a miña vida remataba, que ian facer de min unhas boas hachas para a lareira ou un bon chinero para a cociña. Pero non. Ao día seguinte chegaron moitos homes e puxeronse a traballar, pouco a pouco fixeron as cimentes, despois as paredes, o tellado, as ventas, a porta de medio arco. Despois calearon, e por fin a escoliña estivo rematada. Cos primeiros días frescos do outono, chegaron os nenos. Os nenos e a mestra. Era morena, alta e guapa. Era boa cos nenos e viase que a querían, Os veciños tamen lle tomaron cariño e caseque todos os días cando saía levaba unha cestiña con algun cariño que lle traían os nenos de parte dos pais. Pero nunca quixo quedar a vivir alí. Fixeranlle unha casa a carón da aula, pero decía que tiña medo de vivir alí sola. ¿medo alí? ¿comigo? Eu cuidaría dela. As veciñas da aldea tampouco entendían porque non vivía alí a mestra. Con aquela casa tan boa, con cuarto de baño e todo! E catro habitacións. Pero ela iba e viña todolos días. Tiña coche.Moi moderna. Eu sempre pensei que o que tiña non era medo, se non un mozo na cidade.
Nunca fun tan féliz. Ao pouco do mencer, xa escoitaba a bocina do coche, que saudaba aos veciños que ia atopando. Saía do coche, tan guapa e tan alta. Metíase na escola. Ao pouco ian chegando os cativos. Sempre eran os mesmos os primeiros, e sempre eran os mesmos os últimos, os que viñan arrastrando as zocas, e recelando por entrar.
Escoitabaos cantar as táboas de multiplicar, os ríos de España, “España limita al norte con el mar cantábrico,al oeste con el océano atlántico.....”. O mellor era cando saían ao recreo, xogaban, rian, cantaban, rifaban, sentabanse a miña sombra, intentaban trepar por min. Qué felices eramos todos! Ao chegar o verán, deixaba de ver a mestra, pero os rapaces seguían vindo a xogar no camposa diante da escola. Vin crecer e escoitei como aprendían a ler todos os nenos da aldea. No inverno, cando nevaba, a mestra non viña, o seu auto non podía chegar, pero os cativos seguían vindo a enredar ca neve, aos meus pes.
Pero un ano, cando xa as miñas follas empezaban a caer, e os días eran máis curtos o que me indicaba que faltaba xa faltaba pouco para volver a ver a mestra abrindo a porta da escoliña, non daba chegado o día, os días foron maís cortos e máis fríos e os rapaces nunca voltaron. Dende a miña altura divisiba toda a aldea e pronto vin como todos subían a un coche de línea, que os levaba pola mañá cedo e os traía a tardiña. A escoliña quedóu vacía. Os nenos seguián vindo polas tardes ao chegaren do colexio grande do pobo. Non fixo falla que pasase moito tempo para que os rapazotes da aldea, rompesen os cristais da escola e entrasen na aula. Viñan a fumar os seus pitillos as escondidas dos maiores e a falar das suas cousas. Tamén facían compaña. Pola tarde os nenos xogando na camposa e a noitiña eran os mozos da aldea os que me acompañaban cos seus contos e risas. Tamen viñan as parelliñas a achcucharse ao caron das paredes da escola ou deitarse a sombra das miñas polas. ¡¡Se eu falara!!
Así pasaron uns anos. A escola, sin mantemento de ninguen ia pouco a pouco perdendo o cor branco das paredes, dende a miña altura vía cómo xa lle faltaban tellas, xa non lle quedaba ningún cristal enteiro, as hedras subían polas paredes arriba, Os mozos deixaron de vir, porque xa non era un lugar tranquilo e seguro, o tellado estaba perigoso, pero unha tarde chegaron outros rapaces, nenos da cidade que viñan de vacacions e que non tiñan respeto por nada, e empezaron a golpes con todo. As pobres paredes da escoliña, gastadas pola moita auga que caera por elas dende que o inverno pasado caera a metade do tellado, non aguantaron os embistes das patadas e dos mazazos dos rapaces, e caeron moitos cacchos. Pobre escola, qué falla de respeto, pero comigo non se atrevían, ou quizais, nin se decatasen de que eu estaba alí vendoo todo. Levaba tantísimos anos alí que xa nin reparaban en min. O tempo fixoo o resto e a escoliña terminou caendo. E volvín a estar só. Xa non viña ninguen por alí. Non sei canto tempo pasou pero pareceume moitísimo ata que un bo día chegaron por alí outros homes. Falaron e falaron mentras daban voltas as ruinas da escoliña. Pasados uns días chegaron uns homes e traballaron, levantaron de novo as paredes, pintaron, tellado novo, ventanas de aluminio e porta tamén ainda que conservando a forma da porta antiga de medio arco. Aceras ao redor con cemento. Non tardaron moito en rematar. Ata fixeron unha festa con todos os veciños cando inaurguraron. Pero os nenos non voltaron. Agora veñen os maiores da aldea e fan manudalidades, ximnasia, e de vez en cando unha festiña con grupo musical. Xa non estou solo, pero non é o mesmo. Seguenlle a chamar a Escola. De vez en cando veñen por aquí algún dos meus nenos que xa son adultos e sentanse aos meus pes. Ahí estan un rato, a cavilar, ca mirada perdida na camposa da escola e no paisaxe da aldea que tan ben se ve dende aquí. Eu sei que están escoitando o mesmo ca min: as voces dos nenos cantando: “España limita al norte con el mar cantábrico....”

 

A ESCOLA DE SANTIAGO DE OIS

Xa que falamos da igrexa, do castelo, faltanos, cómo non!, a escola. A mágoa é que non teño a penas datos nin da súa construcción nin do nome dos mestres que alí impartiron clases.
Puiden saber que hai moitos anos, nos tempos da miña avoa facía as veces de escola unha sala na casa de Golpe do Casal. Tamén ocupou unha dependencia na casa de Fortunato Golpe no Casal. Máis tarde impartironse clases na casa de Andrés de Vazquez.
D. EduardoVázquez Somoza foi un dos mestres de Santiago de Ois. Era natural de Melide. En Santiago de Compostela coñecéu a que sería a sus esposa, Dona Teresa Vidal. Él veu destinado a Santiago de Ois, e ela, despóis de pasar por Cumbraos no concello de Sobrado dos Monxes, elixíu destino na aldea veciña de Santa María de Ois, cando morreu Dona Petra, a mestra titular da escola de dita aldea. O matrimonio vivíu ata o ano 1948 na aldea de Santiago de Ois, onde nacerían tres dos seus catro filos, Nucha, Elena e Nardo. Posteriormente, trasladáronse ó lugar de Castrillon na aldea de Santa María de Ois e sería aquí onde nacería Lourdes, a cuarta filla da parella. No ano l965 dona Teresa sería destinada xunto co seu home, para a cidade da Coruña, onde impartirían clases ata xubilarse nos colexios Raquel Camacho e Curros Enríquez, respectivamente. Don Eduardo faleceu no ano 1977, e dona Teresa no 2004 ós 95 anos de idade.
Como xa dixen antes non sei en que ano se fixo a escola no lugar de Pena Cuberta, nin os anos que durou aberta, que penso que non foron moitos, porque pronto se deixaron as escolas de aldea para agrupar os nenos en colexios máis grandes polo que os nenos de Santiago de Ois, Santa María de Ois, e de todas aldeas do concello acabaron indo ao colexio Vales Villamarín de Betanzos, onde siguen indo, aínda que a escola de Santa María de Ois, foi rehabilitada e agora é unha escola unitaria de educación infantil onde van os nenos de 3 a 5 anos.
A escola de Santiago de Ois correú peor sorte, e foi totalmente abandonada. Eu recordoa cos pupitres de madeira, as pizarras, os mapas,libros....etc, etc. Foi unha pena que ningún organismo se preocupara de conservala porque sería ahora un auténtico museo do ensino. Pouco a pouco, foi esquilmada de todas as pertenencias que alí quedaron, e o tempo foi terminando con ela, ata quedar en ruínas. Xa hai anos que está arranxada, e agora serve para actividades como xinmasia, manualidades, comidas dos veciños, xuntanzas veciñais, etc.
Cando eu era nena o edificio aínda estaba en pé, era o noso lugar de encontro, a parte da taberna de Marcote. Cantas tardes temos pasado alí xogando e moceando nos anos de adolescencia.
O edificio constaba de un vestíbulo. Neste vestíbulo había dúas ¿ou tres portas? que eran os servicios. e outra porta que daba a aula, grande, espaciosa e luminosa. Pola parte de atrás estaba a escola do mestre, que nuna foi habitada. Tiña unha cociña con una bilbaína, un baño, catro habitacións e un cuartiño que sería a despensa. Ao primeiro xogabamos na parte de diante, no que era a aula, e dábanos moito medo entrar na casa do mestre, pero pouco a pouco, fomos perdendo o medo e xa todo era noso. Tamén lembro que pola parte de atrás da casa do mestre, había un alpendre, para meter leña e outros enseres e un pozo. O pozo estasba moi perigoso porque non tiña brocal. Nós sabíamos onde estaba, pero aínda así algún adulto puxolle unhas boas pedras enriba. Moitas veces estiven sentada nesas pedras, votando pedriñas polas rendixas entre pedra e pedra e escoitando o ruído da pedra ao bater ca auga.
Escola de Santiago de Ois en ruínas
Son lembrazas, pero sólo eso, lembranzas. Non teño ningún dato, por eso gustaríame que se alguén que lee este blog sabe algo máis da escola, de cando se construíu, cantos anos estuvo aberta, quen foi o mestre ou mestsres que alí fixeron escola agradeceríao moito. O blog da nosa aldea queda un pouco coxo sen datos da escola.

domingo, 27 de noviembre de 2011

O CASTELO DA MOTA


CASTELO DA MOTA
(antigua foto onde aínda existía un muro en pé)


Houbo un tempo en que o noso país estaba inzado de fortalezas e castelos. Mentras que en Castela eran construídas pola Coroa, polos señores ou polos militares para defenderse do inmigo na grande empresa que supuxo a Reconquista, en Galicia construíanse para  loitar contra o inimigo particular de cada quen, co señor rival  ou contra os vasallos que puideran erguerse en armas. Eran reductos puramente defensivos para evitar agresións e depredacións de bens e dereitos de caráctser privado, e que tamén se usaron como base para arrasar os bens do veciño. Eran, en definitiva, recintos torreados e fortificados de defensa e de apoio para o ataque duns galegos a outros, para "liortas caseiras"
Co paso do tempo estas fortalezas galegas sufriron dous golpes que reduciron a súa potencia bélica. Polo ano 1467, e durante a guerra dos Irmandiños, os labregos armados e os seus caudillos (alguns señores enfrontados cos seus iguais) queiman en derruban moitas fortalezas. Aqueles torreóns significaban a opresión e acabaron con eles concienzudamente. Sen embargo, a guerra dou a volta e os señores alzaronse outra vez co poder e cas ruínas dos seus casstelos e obrigaron os campesiños a refacer o que desfixeran. Moitas non chegaron a reconstruírse, Outros señores feudales foron chamados ó servicio da casa real, no reinado dos Reis Católicos, e obligados a desmantelar as súas fortalezas. E así foi como se foron abandonado estas fortaezas espalladas por todo o territorio galego.
E na nosa aldea, como non, tamén houbo unha fortaleza, chamada Castelo da Mota. É de supoñer que o noso castelo tampouco se libróu de toda esta destrucción explicada anteriormente, aínda que non sabemos cal foi o motivo real do seu abandono e derrube. Unha das primeiras reseñas sobre esta fortificación dánola Ángel del Castillo López que nun artículo publicado no número 75 do Boletín da Real Academia Galega que data do ano 1913 describe as ruínas que aínda quedaban entón dalgúns muros baixos cubertos de maleza, pero que deixan entrever a traza ovalada dos seus cementos, e aínda puido fotografiar un muro cheo de hedras. En él dinos Angel del Castillo:
"No sé a qué época pertenece ni a qué civilización acusan los restos de una torre que llaman pomposamente Castelo, en la parroquia de Santiago de Ois. Está en una mota de terreno, ésto es, sobre un montículo, y a penas si los muros que la forman se levantan unos metros sobre el terreno en que se asientan....La hiedra los cubre tratándonos de ocultar más aún, su servicio y forma. Tiene casi la forma de óvalo, aunque los lados corren paralelos y sólo buscan la curva hacia los extremos; cerca se ven los restos y cimientos de otros muros, cuyas líneas dificilmente se siguen, y cuyo objeto no es fácil deducir. Hacia el NO es donde se conserva la mayor altura, midiendo de 6 a 7 metros, pero en los lados S y E hállanse derruida. Los muros son bastante resistentes pues miden un grueso de 2.20 metros, teniendo en cuenta que el eje mayor que va de N a S, una longiutd de 21 metros y en la menor, 18. Es de sillares aparejados irregularmente y tiene alguna que otra saetera rasgando sus muros. Su carácter militar está fuera de duda por su situación, disposición y fábrica.".
O Castelo da Mota de Santiago de Ois perteneceu os señores de Andrade. No ano 1471 os fillos de don Fernán Pérez de Andrade e de dona María de Moscosos, don Diego (señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba) e don Pedro fixeron as partixas, correspondéndolle a éste último a Mota de Santiago de Ois. Don Pedro que tamén era rexidor de Betanzos casóu con dona Juana Díaz de Lemos, filla de don Fernán Pérez Parragués, señor da casa de Parga e de dona Constanza das Mariñas. De este matrimonio naceu don Fernán Pérez de Andrade, señor de Lanzós, Vilamourel, Louriña e da Mota de Santiago de Ois. Despóis de moitas vinculación e outras tantas transmisión de bens e dereitos, recaeu a propiedade en dona Beatriz Losada y Ozores, vizcondesa de Fefiñans y condesa de Maceda quen casóu con don Fernando Casani y Herreros de Tejada e de quen tuvo tres fillas. A maior, dona Lucía, condesa de Maceda e de Vilana é a representante dos dereitos vinculares da Mota de Santiago de Ois.
Hoxe en día o visitante atoparase cun pequeno montículo cuberto de árbores e maleza e con un minúsculos muro de pedra nunha propiedade privada.
Isto é o que nos contan diversas fontes sobre o Castelo da Mota. O que contan os veciños da aldea é a lenda de que foi unha fortificación  dos mouros, e que existe un túnel segredo que parte dos sotos do castelo e vai ata o río, e polo que se podían levar os cabalos a beber, e que servía de camiño de fuxida para os habitantes do castelo no caso de ser atacados.
Eu recordo a miña primeira visita ao Castelo. Foi nun verán cas miñas amigas da infancia. Nese momento estaba nos terreos da casa da Mota, unha casa de labradores que estaba preto do Castelo. Conseguimos chegar  ata alí sen problema, porque nese tempos as fincas aínda non estaban pechadas con balados de pedra ou cemento, e moito menos por portales pechados, Non había moito que ver, un muro de pedra que aínda se mantiña en pé por un dos lados, e o resto, derrubado. No seu interior só había máis pedras e maleza.Estivemos por alí en procura dun tesouro. Qué ilusas!!, No caso case improbable de que algunha vez fora alí agochado un tesouro, cantas xeracións anteriores a nós non terían feito o mesmo!!!. Aínda que sei dalguns rapaces da nosa aldea que levaron pico e pala, pero pronto se cansaron de non atoparen máis que pedras. Cando xa íamos preto do camiño, pegounos un bo susto Antonio da Mota, o pai do noso veciño Julio da Mota. Preguntounos de onde viñamos, e nós, un pouco asustadas porque estábamos na súa eira sen permiso, dixemoslle a verdade que viñamos de visitar o Castelo en procura dun tesouro. El botóu unha boa gargallada, "Ay, neniñas ahí non hai ningún tesouro, se non xa o tería atopado eu hai moito tempo. Ahí sólo quedan pedras, e non moitas, porque se usaron para facer moitas casas e balados no Casal.! Recordo que despóis dounos froita, uns pexegos, e nós marchamos de alí disfrutando da saborosa froita e contentas de teren estado nun castelo.
Anos despóis morreron Antonio e Andrea, os pais de Julio e a casa, a eira e o arredor quedaron en herencia para tres netos , tres irmáns, sobriños de Julio. Eles venderon todo, casa e finca, cas ruínas do Castelo incluídas. Comprouno unha empresaria da Coruña, Teresa Rego, que amañou todo o arredor e a eira facendo un xardín, conservou a antiguo hórreo e a parte vella da casa, aínda que para o meu parecer , estropeuno todo añadindolle un anexo á casa de nova edifición co cal a casa perdeu a súa forma orixinal de casa típica de labradores da zona noroeste de Galicia.
Agora, ao estar nun finca privada e cerrada a maioría do ano, e cunha dona allea a aldea e sen contaco cos veciños, os nenos de Santiago de Ois, xa non disfrutarán dun día de verán ilusionados por pisar as ruínas dun Castelo medieval.
Horreo da finca da Mota
Camiño nevado. Á dereita a casa da Mota
Actual finca da Mota cos restos do Castelo ao fondo

Restos do Castelo na actualidade.

domingo, 13 de noviembre de 2011

A IGREXA DE SANTIAGO DE OIS

A igrexa é unha construcción de estilo románico do século XII. Está situada nunha vagoada da Ribeira do río Mandeo, sola e afastada das casas da aldea, rodeada de campos e monte. Ao seu redor está o camposanto e no camiño, fora do recinto do ceminterio está o cruceiro e un carballo centenario. Houbo tres, pero foron cortados hai moitos anos.


A igrexa no exterior presenta tellado a dúas augas no que coroan duas cruces ou piñóns. Unha delas, a que está enriba do Agnus Dei no teesteiro da nave, non ten forma de cruz, senón que semella un antiga celosía de orixe visigótico dos séculos IX ou X. A que está enriba do testeiro do abside é unha cruz dentro dun circulo pero está rota.
Os canzorros presentan forma xeométrica, tanto na nave como no ábside, excepto un que representa unha cabeza humana. Dá a sensanción de que puideron ter en orixe presentación dos pecados como se ve noutros templos románicos da comarca e que sufrisen, como suceden en San Martiño de Bravío, pola censura o rebaixe ás formas xeométricas actuais.
Nos muros conservase dous contrafortes da antiga construcción, como saeteiras e dúas portas, unha na fachada principal con tímpano liso semicircular e outra no lado Sur que está tapiada. Sobre a porta da fachada hai unha furna cunha imaxe moderna de Santiago, que se colocou cando se fixo a remodelación interior do templo e o sellado das pedras no exterior. no lado Norte non hai porta, pero nos muros aínda se poden ver os indicios das pedras que servían para o cobertizo que agora non existe.
No interior ten un arco triunfal de medio punto que vai sobre semicolumnas de fuste corte con capiteis de decoracións vexetais e basas medio enterradas no chan da igrexa.
Outras imaxes da nosa igrexa:
Dende a porta do adro
Restos da nevada
Parroquia de Santiago de Ois



Fachada da igrexa

Volta a igrexa dende o cruciero cos ramos .bendecidos.





Tocando as campás

Procesión no día do Santiago

Procesión do 25 de Xullo
Día do Santiago


No adro da igrexa. Foto do ano 1966

Bendición dos Ramos.
Domingo de Ramos

Procesión no día do Patrón.
Antigua porta tapiada nun lateral
da igrexa
Cuceiro
Cruz, posiblemente unha celosía visigótica
Parte traseira da igrexa


Camiño da igrexa



A NOSA ALDEA

A nosa aldea, Santiago de Ois está ubicada no concello de Coirós. Formada polos lugares de Combarro, Casal e Caresma. Xeográficamente atopase nunha das ribeiras do río Mandeo.
Imos con algo de historia:
Dentro da toponimia da parroquia de Santiago de Ois, aparecen lugares denominados "as medoñas", que poden referirse a posibles enterramentos prehistóricos. A época castrexa aparece representada polo castro da Mota, no lugar onde se construíu na época medieval o castelo coñecido como "Castelo da Mota".  O castro, situado actualmente nunha propiedade privada, é duns trinta metros de diametro na súa croa. Pola lado Norte está situado para o río Mandeo, ten unha defensa baixo a croa e o resto é de accidente natural. Polo Sur, aprecianse dúas liñas defensivas cos seus fosos, pero puido teren existido tres. Non se diferencian restos e estructuras de entrada.Conservase no lugar a lenda de que foi feito polo mouros e dicíase que había un tunel secreto que chegaba dende alí ata o río.
Entre Santiago de Ois e Caresma hai noticias de que se atoparon retos de tégulas e ladrillos de época romana,.
O documento máis antigo coñecido no que se menciona a aldea é do século X, do libro Tumbo do mosteiro de Sobrado.. O lugar de Ois aparce con asiduidade en documentos medievais, como cando en xaneiro dde 1206, Martinus Petri e os seus fillos venden a Sobrado unhas heredades en Santiago de Ois, no casal de "Teixu".
López Ferreiro (Historia da igrexa de Santiago, apéndice documental XXIX, do tomo II ) sitúa o lugar de "Adones" que aprece nun documento do 28 de febreiro de 910, como posible variante de Ois. Deduce o autor polo texto do documento a posible exisstencia dun mosteiro altomedieval. Existen fundadas dúbidas de que se corresponda o lugar, e aínda que así fose non se fai clara a referencia a esixtencia dun mosteiro. Pero sí chama a atención o lugar no que está enclavada a igexa, escondida nunha vagoada da ribeira que da o río Mandeo, no que nos leva a pensar na posible existencia dun mosteiro altomedieval ou con terras de frades.
A parroquia, como dixemos antes dividese en tres lugares Combarro, na parte máis alta da aldea, o Casal, xa máis metido hacia a ribeira, máis recollido dos ventos . As casas de este lugar son as máis grandes e vellas da aldea, coma a casa de Golpe, a casa de Pepito, a casa de María de Joros. O outro lugar, Caresma é o máis afastado do "centro" da aldea. De feito, actualmente non é considerada como parte de Santiago de Ois. Sei que hai anos os nenos de Caresma viñan a escola de Santiago de Ois, e xa ahí non debían de ser considerados como veciños, porque a saída da escola, os nenos de Combarro e Casal, "acompañabanos" parte do camiño, lanzandolles pedras. Cousas de nenos, pero da a entender que aínda que oficialmente pertencen a parroquia de Santiago de Ois, non eran considerados veciños da aldea. En Caresma hai unha pequena ermida dedicada a San  Brais, polo que non celebran a festa do patrón, Santiago Apostol, o 25 de xullo, como se fai no Combarro e Casal. Descoñezo se antigamente os actos relixiosos como bodas e enterros facíanos en Santiago de Ois, pero actualmente fanos na parroquia veciña de Espenuca.
O lugar de Combarro dividese tamén a súa vez en rueiros, grupiños de casas, como poden ser A Pena, O Penedo, A Picha, A Brea, As Lamas, A Freiría, A Cepeira, A Medoña. No Casal, atopamos Os Currás e A Mota.

sábado, 29 de octubre de 2011

AS CABAZAS DE SANTIAGO DE OIS

Moito antes de que a palabra "halloween" chegara aos meus oídos, eu xa sabía da costume das cabazas vaciadas ca vela dentro. Contoumo meu pai. El ten un recordo moi difuso, era moi pequeno cando en Santiago de Ois os mozos colocaban os cabazos coa vela dentro ,na noite do 2 de novembro, noite de defuntos, nos camiños, nos balados e nas ventás das casas. El nunca chegóu a facelo porque era un neno pequeno e dabanlle moito medo, cando xa foi medrando e estaba na edade de facelo, a tradición xa morrera e esquecerase na nosa aldea. Cando comezaron a chegar aquí as pelis americanas nas que falaban do halloween, ao primeiro non relacionéi, pero pronto me decateí, que aquela costume norteamericana e as historias de cabazos que me contara meu pai tiñan un fondo común. E claro que o tiñan. A tradición das cabazaas e a celebración do achegamento entre os mortos e os vivos era tan antiga como os nosos antepasados celtas. Seguramente os irlandeses, tan parecidos a nós nas súas costumes e folklores, polo seu tamén pasado celta, foron os que levaron a tradición a América na emigración masiva de principios do século XX. E agora volve a nós, xa se fan festas de halloween en discotecas, pubs, etc, etc, cos disfraces de bruxas, pantasmas, vampiros, etc, etc. Pero a tradición celta o que pretendía non era asustar nin meter medo , se non, achegar eses dous mundos de vivos e mortos. Pensaban que os mortos volvían a este mundo para visitar as súas casas, e por iso poñíanse as cabazas, nun tempo en que non había luz eléctrica, para sinalarlles o camiño coas velas acesas dentro. Pouco a pouco a tradición foi cambiando e as cabazas tomaban formas de caras humanas para "asustar" as mozas da aldea, e pouco a pouco foise perdendo. No norte de provincia da Coruña é onde máis recuperado está. Chámase Samaín. Era unha das festas dos celtas, na que celebraban o comezo do ano, co cambio de colleitas cos frutos do outono. É unha tradición ben bonita, e por iso quería contarvos que a nosa aldea, Santiago de Ois foi quen de conservar esta costume ata os anos cuarenta.

MORTOS E DEFUNTOS

 Hoxe que estamos a comezsr  a fin de semana de santos e defuntos imos recordar as costumes da nosa aldea con relación ao tema dos mortos. En Galicia é moi fina a línea que separa o mundo dos vivos e dos mortos. Ímolo ver. Arredor da morte, sempre houbo moitos ritos e costumes. Algunhas aínda prevalecen, pero a maíoría foronse perdendo co avance dos termpos. En Galicia hai moita tradición do culto a todo o relacionado ca morte, e Santiago de Ois non iba a ser menos. Hasta hai poucos anos na nosa parroquia cando nalgunha casa había un defunto comenzaban unha serie de tarefas que agora imos relatar.
O primeiro era avisar aos veciños, a noticia corría de boca en boca. Hasta hai ben pouco, moi pouco, tocabase a campá da iglesia. E entón os veciños saían as portas e preguntanban ¿quén morreu? ?Toca a morte, toca a home, toca a muller!. Porque a campá soa disstinto depende do sexo do defunto. Agora, xa hai enterros en que ninguén toca porque cada vez queda menos xente disposta a facelo.Ou porque non saben, ou porque os que saben ese día traballan,ou  porque subir por aquela escada estreitiña ata o cumio do tellado, non parece tarefa sinxela. E ademáis xa temos teléfono en tódalas casas, fixos e moviles, por iso moitaa veces antes de que toque a campá xa sabemos quen morreu. Pero voltemos a cómo se facían as cousas antiguamente:
O seguinte era preparar o morto. De esta tarefa encargabanse principalmente as mulleres da casa axudadas polas veciñas. O traballo consistía en lavalo, afeitalo(no caso dos homes) e vestilos cas mellores galas que tiña. Tiñan que colocar o defunto sobre algo duro, ata que chegara a caixa (ataúde) para que non collera posturas.Isto facíase colocandoo sobre unhas taboas ou sobre unha hucha ou artesa. Tomábanselle as medidas para ir comprar a caixa a Betanzos. E o transporte da caixa durante os dez kilómetros que separan a nosa aldea de Betanzos facíanse a pé. A persoa que máis caixas carrexou sobre a súa cabeza dende Betanzos foi María de Joros do Casal, que o fixo para a  maioría  dos veciños de Santiago de Ois e aldeas limítrofes. Despóis xa se empezóu a facer en taxis ou no coche de linea, o famoso e inesquecible "Ribadeo"..
Outra tarefa a facer era avisalos cregos que celebrarían o funeral. Normalmente, tres ou catro, das parroquias veciñas. A familia do morto tiña a "obriga" de levarlles unha cestiña con comida da cal darían boa conta na sacristía, despóis do enterro.  Era moi habitual que a xente pedise que un dos cregos fose D. Germán, o cura párroco de Santiago de Ois e Santa María de Ois, pola sua recoñecida fama da súa prodixiosa voz para cantar.
Cando xa o morto estaba preparado, empezaba o velorio, que solía durar dúas noites e facíase no cuarto principal da casa, no piso. E alí xuntábase unha morea de xente entre familiares, veciños e coñecidos que chegaban de das aldeas veciñas, de Betanzos, da Coruña, do Ferrol, etc,  O suelo do piso na casa tradicional de Galicia, polo menos na zona donde está a nosa aldea, era de madeira, e moi boa tiña que ser para aguantar de tanto peso. De un velorio que se fixo en Santiago de Ois hai moitos, moitos anos(penso que nos anos trinta porque a miña avoa Elvira  era unha moza) sei unha anecdota que ela me contóu. Non teño tódolos datos porque a avoa xa non está e non lle podo preguntar, pero recordo que foi na casa de Rodriguez no Casal, e cando o piso estaba ateigado de xente, a madeira non puido co peso e alá foron todos, caixa e morto incluidos, para a corte das vacas que estaba debaixo. Só quedaron arriba os que estaban  apoiados nas ventanas, porque o petril  era de pedra e agarraronse  a él. Houbo varios feridos. Debeu ser un acontecemento moi mentado no seu  momento.  Os velorios tamén servían para reunirse os veciños  e entre copa, café e contos ía transcurrrindo a noite. 
Outra costume que agora podenos chamar moito a atención era a de "dar regalo", ben en cartos ou ben en comida, queixo, chourizos, ovos á familia do falecido. A hora do xantar, como viñan os familiares de lonxe había que darlles comida, polo que as veces a casa convertíase pouco menos que nunha festa similar a que se facía o día do patrón.
O día seguinte saían a comitiva cara ao cemiterio, coa caixa a hombros. Imaxinade o que era levala caixa ata a nosa iglesia que está tan afastada de tódalas casas, e pensade que naqueles tempos non había carreteras asfaltadas, se non carreiros e corredoiras cheas de lama. As mulleres da casa quedaban non ían ao enterro.. Vestíase luto  durante polo menos dous anos, e as mozas e mozos da familia, non podían ir as festas durante eses dous anos. Depois viñan as roupas de "alivio", mestura de grises, blancos, negros e malvas.Os homes levaban brazalete negro. Era normal que en aqueles tempos "enganchasen" un loito con outro, é decir, o do, avó, despóis morría a avoa, os tíos, , os pais. Por iso eu creo que moitos de nós recordamos as nosas avoas sempre vestidas con eses cores..
Canto cambiaron as cousas, agora xa non se velan os mortos nas casas, soamente en contadas e raras ocasións, as funerarias xa se encargan de todos, da mortaxa, de avisalo crego, das flores, de arranxar os documentos. Cada vez hai máis incineracións en vez de enterros. Case ninguén leva o loito máis que o día do enterro. Os curas seguen cobrando, pero polo menos non merendan á conta do morto. Os tempos cambian para todo, incluso para a nosa visión da morte.

viernes, 14 de octubre de 2011

Aquí estamos. Santiago de Ois na rede de redes.

Queremos invitarvos a tod@s a que participedes neste blog da nosa querida aldea. Podedes, como dixo Isa, subir fotos, contar historias, recordos, anecdotas,  Veña, xentiña de Santiago de Ois, animádevos a deixar a vosa pegada neste blog.

Por fin Santiago de Ois en la Red!

Este blog nace con la intención de ser punto de encuentro de todas aquellas personas que tenemos nuestros orígenes en la mejor aldea de Galicia... (ahí queda eso!). Porque no queremos que se pierdan todos esos recuerdos, esos veranos compartidos, esas amistades para toda la vida... y porque queremos que nuestra pequeña aldea nunca muera... os invitamos a que nos acompañéis en este largo viaje, aportando todo aquello que os une a Santiago de Ois, ya sean fotografías, vídeos, relatos, recuerdos, anécdotas... todo tiene cabida aquí, siempre desde el respeto hacia los demás por supuesto.
Esperamos que este blog se haga día a día más grande y cobije cada día a más y más gente.

Pronto una nueva entrada con un proyecto que creemos va a gustar a todo el mundo.. os avisaremos!!!